A biblioteca municipal e a Concellería de Igualdade do Concello de Celanova poñen en marcha unha nova iniciativa para por en valor o seu fondo en prol da igualdade e da diversidade.
Ademáis da compra de novidades bibliográficas e audiovisuais, vaise a proceder a marcar todos aqueles títulos que traten o tema da igualdade cun rótulo específico para facilitar a súa localización nas estanterias, que ademáis estarán dispoñibles no noso catálogo nun boletín denominado Biblioteca pola igualdade e a diversidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario