Descrición


Blog para informar das actividades da Biblioteca Municipal e as novas que acontecen na comarca

venres, 4 de agosto de 2017

AVISO



A Biblioteca Municipal de Celanova está neste momento na primeira fase de integración no novo programa de xestión bibliotecaria da Rede de Bibliotecas de Galicia. Este procedemento conleva unha serie de axustes e modificacións da súa base de datos para que todo o proceso sexa o máis rápido e fiable posible. Un dos cambios que se van a realizar afecta as tarxetas de usuarios da biblioteca. Ó finalizar o proceso, os socios da biblioteca de Celanova disporán dun carnet único para toda a Rede de Bibliotecas de Galicia que teñan o mesmo  sistema de xestión. Para evitar erros e molestias posteriores, a biblioteca solicita ós seus socios (sobre todo os formalizados antes de 2015) que se poñan en contacto con ela para poder verificar os seus datos personais, xa que todas aquelas persoas que non teñan completos os seus datos (DNI, DATA DE NACEMENTO, LOCALIDADE, ETC.) non poderán ser engadidas a nova base de datos.

FESTAS DA RAMALLOSA

XA SE NOTA O AMBIENTE FESTIVO

CHEGOU A RAMALLOSA!!!

BIBLIOTECA

AULA CEMIT
FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ
CONCELLO

CLUB DE LECTURA

Se vos gusta ler, poñemos en marcha de novo o club de lectura para o mes de setembro.

Animádevos