Descrición


Blog para informar das actividades da Biblioteca Municipal e as novas que acontecen na comarca

venres, 22 de xuño de 2018

CLUB DE LECTURA


Hoxe tivemos a derradeira reunión da tempada do noso club de lectura entregando a novela de Wilkie Collins.

Tomaremos un par de meses de descanso e volveremos con máis forza no mes de setembro.
Anímovos a todos a que neste período estival descubrades novos xéneros e novos autores que poder compartir todos xuntos.




Espero que pasedes unhas moi boas vacacións !!!!



Lémbrovos que a a Biblioteca terá horario de verán nos meses de xullo e agosto :


   *HORARIO DE VERÁN DA BIBLIOTECA*

DENDE O 09 DE XULLO ATA O 31 DE AGOSTO 
(AMBOS INCLUIDOS)

 Mañás:     09:00 - 14:00
 Tardes:     PECHADO
 (de luns a venres)