Descrición


Blog para informar das actividades da Biblioteca Municipal e as novas que acontecen na comarca

venres, 22 de outubro de 2021

OBRADOIRO DE CIENCIA

 

 

A biblioteca Celanova propúxose celebrar o Día das Bibliotecas cun obradoiro sobre ciencia. Moi boa resposta dos rapaces e rapazas de Celanova para aprender e divertirse.

Eí van os nosos próximos premios Nobel de Ciencia

 








 

luns, 18 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

 Para conmemorar o Día das Bibliotecas (24 de outubro) a biblioteca oferta este obradoiro para este venres (22 de outubro) ás 17.30 H.

 


 

venres, 15 de outubro de 2021

CLUB DE LECTURA

 Esta semana abandonamos o xénero de ficción e imos a probar con este título tan suxerente e dun autor tan actual como Héctor Abad Faciolince.

 

 


 

 

Los diarios íntimos de Héctor Abad Faciolince pueden leerse como una novela de formación. Aquí se incluyen los que van desde finales de 1985 (cuando era un estudiante de veintisiete años) hasta la publicación de su libro más aclamado, El olvido que seremos, en 2006.

En ellos se relatan las angustias de alguien que, aunque quería ser escritor, escribía muy poca ficción y mucho sobre sus obsesiones, sus amores y sus dificultades en la vida cotidiana. Abad quería dejar escrito, al menos, que era incapaz de escribir.

Un testimonio descarnado sobre cómo nace una vocación y cómo se aprende a afrontar la dura y emocionante aventura de vivir.


venres, 1 de outubro de 2021

CLUB DE LECTURA

 Con toda a prevención posible, retomamos de novo as reunións do noso club de lectura.

Nesta ocasión, faremos unha lectura dun título con moi boa crítica da literatura europea.

 


 

 Aleksy aún recuerda el último verano que pasó con su madre. Han transcurrido muchos años desde entonces, pero, cuando su psiquiatra le recomienda revivir esa época como posible remedio al bloqueo artístico que está sufriendo como pintor, Aleksy no tarda en sumergirse en su memoria y vuelve a verse sacudido por las emociones que lo asediaron cuando llegaron a aquel pueblecito vacacional francés: el rencor, la tristeza, la rabia. ¿Cómo superar la desaparición de su hermana? ¿Cómo perdonar a la madre que lo rechazó? ¿Cómo enfrentarse a la enfermedad que la está consumiendo? Este es el relato de un verano de reconciliación, de tres meses en los que madre e hijo por fin bajan las armas, espoleados por la llegada de lo inevitable y por la necesidad de hacer las paces entre sí y consigo mismos.

mércores, 15 de setembro de 2021

170 AÑOS, CURROS ENRÍQUEZ

 O poeta Manuel Curros Enríquez cumpriría hoxe, día 15 de setembro (festa da Virxe do Cristal), 170 anos. Con tal motivo, dende a biblioteca municipal quixemos saber en cantas Bibliotecas Nacionais do mundo se rexistran obras súas. O resultado é o que segue...


 

martes, 3 de agosto de 2021

AVISO

 


AMPLIACIÓN DOS FONDOS DA BIBLIOTECA

 

OS FONDOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CELANOVA REBASAN OS 20.000 EXEMPLARES
Coas últimas adquisicións levadas a cabo este ano, a biblioteca Municipal de Celanova conta xa cun rexistro de máis de 20.000 volumes. A maioría deles están en servizo de libre acceso (os usuarios poden collelos libremente nos estantes), mentres que só algo máis de 5.000 exemplares están gardados no depósito (libros de interese pero de pouco uso).
De tódolos rexistros, máis de 19.400 exemplares son libros de contidos xerais e folletos de información tamén xenérica, máis de 600 corresponden a material audiovisual (dvd, cd, etc.) e o resto complétase con material electrónico (cdr, dvd).
Este incremento ten sido posible gracias ós investimentos realizados anualmente polo Concello de Celanova, ás subvencións periódicas concedidas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, así como e as doazóns realizadas por particulares e outras entidades coma a Deputación Provincial de Ourense.
Dentro das prioridades á hora de facer as adquisicións están, manter actualizado o fondo de novidades literarias, cubrir o plan de lectura do instituto e colexios da vila, os intereses propios dos usuarios e recoller o maior número posible de material de fondo local (obras realizadas por celanoveses, que tratan de Celanova e dos seus persoeiros, etc.)
A BPM de Celanova atende a case 700 socios propios, ademais de a todos aqueles usuarios da Rede de Bibliotecas de Galicia que precisen dos seus servizos.
 


 

luns, 17 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

A biblioteca municipal de Celanova fixo unha liberación de libros para todas as idades dentro do Claustro Barroco.

Non te quedes sen o teu exemplar!

Nun día tan senlleiro para a cultura galega, aunamos arte, música e literatura.

Feliz Día das Letras Galegas

XELA ARIAS

 

Unha pequena homenaxe a unha grande autora no día das Letras Galegas 2021

 


 

mércores, 12 de maio de 2021

EMILIA PARDO BAZÁN E CELANOVA

 Hoxe, no centenario do pasamento de Emilia pardo Bazán, queremos lembrar a viaxe que a escritora fixo a Celanova.