Descrición


Blog para informar das actividades da Biblioteca Municipal e as novas que acontecen na comarca

martes, 3 de agosto de 2021

AMPLIACIÓN DOS FONDOS DA BIBLIOTECA

 

OS FONDOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CELANOVA REBASAN OS 20.000 EXEMPLARES
Coas últimas adquisicións levadas a cabo este ano, a biblioteca Municipal de Celanova conta xa cun rexistro de máis de 20.000 volumes. A maioría deles están en servizo de libre acceso (os usuarios poden collelos libremente nos estantes), mentres que só algo máis de 5.000 exemplares están gardados no depósito (libros de interese pero de pouco uso).
De tódolos rexistros, máis de 19.400 exemplares son libros de contidos xerais e folletos de información tamén xenérica, máis de 600 corresponden a material audiovisual (dvd, cd, etc.) e o resto complétase con material electrónico (cdr, dvd).
Este incremento ten sido posible gracias ós investimentos realizados anualmente polo Concello de Celanova, ás subvencións periódicas concedidas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, así como e as doazóns realizadas por particulares e outras entidades coma a Deputación Provincial de Ourense.
Dentro das prioridades á hora de facer as adquisicións están, manter actualizado o fondo de novidades literarias, cubrir o plan de lectura do instituto e colexios da vila, os intereses propios dos usuarios e recoller o maior número posible de material de fondo local (obras realizadas por celanoveses, que tratan de Celanova e dos seus persoeiros, etc.)
A BPM de Celanova atende a case 700 socios propios, ademais de a todos aqueles usuarios da Rede de Bibliotecas de Galicia que precisen dos seus servizos.
 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario