A Biblioteca Municipal de Celanova está neste momento na
primeira fase de integración no novo programa de xestión bibliotecaria da Rede
de Bibliotecas de Galicia. Este procedemento conleva unha serie de axustes e
modificacións da súa base de datos para que todo o proceso sexa o máis rápido e
fiable posible. Un dos cambios que se van a realizar afecta as tarxetas de
usuarios da biblioteca. Ó finalizar o proceso, os socios da biblioteca de
Celanova disporán dun carnet único para toda a Rede de Bibliotecas de Galicia
que teñan o mesmo sistema de xestión.
Para evitar erros e molestias posteriores, a biblioteca solicita ós seus socios
(sobre todo os formalizados antes de 2015) que se poñan en contacto con ela
para poder verificar os seus datos personais, xa que todas aquelas persoas que
non teñan completos os seus datos (DNI, DATA DE NACEMENTO, LOCALIDADE, ETC.)
non poderán ser engadidas a nova base de datos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario