Estas son algunhas fotos do taller de maxia que tivemos hoxe na biblioteca.
Ollo, que algún pode dar a sorpresa.
Descrición
Blog para informar das actividades da Biblioteca Municipal e as novas que acontecen na comarca
luns, 23 de xullo de 2018
martes, 10 de xullo de 2018
ACTIVIDADES DE VERÁN
Este verán, a Biblioteca Municipal quere que teñades unhas vacacións máxicas, e por iso convidámosvos a participar nas nosas actividades neste mes de xullo.
Este é o cartel promocional :
venres, 22 de xuño de 2018
CLUB DE LECTURA
Hoxe tivemos a derradeira reunión da tempada do noso club de lectura entregando a novela de Wilkie Collins.
Tomaremos un par de meses de descanso e volveremos con máis forza no mes de setembro.
Anímovos a todos a que neste período estival descubrades novos xéneros e novos autores que poder compartir todos xuntos.
Espero que pasedes unhas moi boas vacacións !!!!
Lémbrovos que a a Biblioteca terá horario de verán nos meses de xullo e agosto :
*HORARIO DE VERÁN DA
BIBLIOTECA*
DENDE O 09 DE XULLO ATA O 31 DE
AGOSTO
(AMBOS
INCLUIDOS)
Mañás:
09:00 - 14:00
Tardes: PECHADO
(de
luns a venres)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






